A Raíña de Sada, ou sexa, o crupier da Lama (véxase post 1-12), contoume unha de medo esta noite. Resulta que cando o seu mozo anterior o deixou, logo de 8 meses de convivencia, marchou para a casa dunha amiga. A amiga deixouno só, cun CD de La oreja de Van Gogh. A el várreuselle o pensamento, e decidiu ir ás 6 da mañá á casa do ex, pois tiña aínda chaves, para poñerlle unha canción de LOVG “a toda rolla” e meterse un tiro nas tempas. Afortunadamente non o fixo. Ensinanzas:

1. La oreja de Van Gogh está contraindicada en propensos ao suicidio

2. Nunca lle deixes as chaves da casa a ninguén co que fodas (co que fodas, jacarezinho)

3. Non volvas meter o pé na casa da Raíña de Sada.


Leave a Comment