Elephant

Seguindo a retesía particular con Todo Nada, acudín ver Elephant. Fólgome de discrepar en case todo con ela. Non a vexo reaccionaria, nin baleira. Ou si, baleira, e fermosa por iso. Adolescentes tópicos? Eu non coñezo ningún adolescente, pero o último encontro que tiven cun chaval de 18 resultou dúas horas de pelexas con ‘Pistacho, no sabes?, un chacho de Área’. Dúas horas. No móbil anotei Dani Bullas e non volvín saber del. Nin de Pistacho.

Os adolescentes son uns tarados, e estes tamén, e nós tamén o fomos (anque non o lembro). Ao final tampouco nada é tan importante: o pai, ao mirar o insti en lapas, di “que forte, tio”, ou algo así. Preocúpame Benny, o preto, e unha rapaza que non lembro como se chamaba, porque deles non se di nada (agardarán para meter o corte no DVD?).

E só unhas palabras para Todo Nada: os asasinos non son gais, polo menos non os dous; o gai, lindo, precioso, deste filme é Elias, o fotógrafo. E se o táurido John tamén o fose deixaba este blog e corría a casar ás Vegas.


Leave a Comment