Mudamos o servidor

Andorra. Un país de mentira que celebra, para variar, eleccións municipais este domingo. A construcción é horríbel, pero é normal, pois a fan unha chispa de galegos que percorren estas viliñas coa mirada retorcida. Distínguense á legua. Estou aquí con 5Line, vendo a neve, pasando frío, nun aparthotel que se chama Annapurna. Lola estaba xiada esta mañá, pero respondeu como unha campiona. Quedan atrás numerosas palabras de onte: queda Tarragona, queda unha discusión nun estanco sobre o sistema fiscal catalán, o mosteiro das Santes Creues, unha butifarra con fabas fritidas… quedan tamén as oliveiras do val do Gaiá e as aventuriñas do padre Brown, Igualada, Manresa… e un túnel de 5 quilómetros que custa 10 euros. Como aquí internet está a prezo andorrán, xa lle meterei as ligazóns outro día, porque hai moitas moi paveras. Só un detalle: no xornal local, entre publicidade eleitoral e ‘búscanse camareiros’, o goberno anunciaba que o servicio de correo cidadá correu.andorra.ad ía estar sen funcionar hoxe durante unhas horas, para mellorar o servicio. Deben estar a trocar todo o servidor do país, de val a val.


Leave a Comment