Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive

Minutos lixo ata o 2004

Cousas breviñas: meu pai pasoume unha colección de cds para estudiar inglés. Póñoos no coche, de camiño para Santiago: O Reino, Corna, Castro Dozón… Teño interese no idioma, para entender ben os bloginglis que hai por aí, pero aborréceme a historia: a familia Burret (ou algo así) ten un home e unha muller, e un fillo e unha filla. Ao fillo gústanlle as ciencias e as mates. Á nena gustanlle as letras. Ela patina e gusta da pop & dance music, el xoga aos videoxogos. O pai é informático e a nai profe. Entendo no cd: typicall english family. Certamente. O único peculiar é que ela dá clase de francés. Espero que sexa oral. Non me estraña que teñamos un dos niveis máis lamentables de inglés de Europa.

Pésome en Andorra. Só 65. Diosssss… afrontamos guai este nadal.

Leo o prólogo de Castelao a ‘Antre dous séculos’, o infame libro de poemas de Xerardo Álvarez Limeses. Castelao lémbrame de súpeto unha presentación dun libro, tamén de poesía, do que Ferrín comentaba pouco xenerosamente as súas cualidades.

Miro as efemérides: o 2004 será o ano internacional do arroz, o ano internacional de conmemoración da abolición da escravitude, e o ano europeo da educación física. Precavidos: o 2005 será o ano internacional do microcrédito. Creo moi necesaria esta celebración. Quen carallo sabe qué é un microcrédito?

Findan as vacacións. Horror.


Leave a Comment