Pernas

Hoxe derrubóuseme a moda galega como unha vaca tola no bulleiro. Paramos en La Pausa, en Miño, unha estación de servicio incribelmente xeitosa pra ser a estación de servicio dunha autoestrada. Xantamos. Ao pouco, entra a tomar café Antonio Pernas, que ía camiño de Ferrol (nós viñamos). Vestía unha camiseta negra, e un dóquers negro, e unhas deportivas negras… sen calcetíns!! Rum detesta os calcetíns brancos, pero este non levaba nada o que é infinitamente máis porco e incluso máis antigalego cós dóquers.

A partir de agora, seguindo os que marcan tendencias no país, mercarei só roupa en diésel e en béneton, se me serve a talla. E senón, espido, como Pernas as pernas.

Máis curiosidades, Todonada: conducía un lupo (negro, abofellas) e tomou só un café. Non comera? Ou xanta só iso para manter esa liña tan de modisto galego que o caracteriza?


Leave a Comment