No post de madrugada falaba de Verdú. En realidade, Verdú bencita a Zygmunt Baumann a quen descoñezo totalmente, pero que escribe marabillas coma esta: Benvidos ao tempo das parellas semidesparelladas. Na moderna sociedade ‘líquida’ as relacións son coma os xoguetes tecnolóxicos, actualizables. Buscamos relacións que nos aten só o xusto para que sexa doado rompelas. (…) Un home de 28 anos, entrevistado a propósito do progreso no procesamento de datos con computadores, sinalou esta vantaxe decisiva das relacións electrónicas: sempre lle podes dar ao delete.

En Brasil hai varias obras de Baumann editadas. En castelán tamén. ‘Amor líquido’ aínda só está en inglés.


Leave a Comment