Escoito entrevistas vellas na radio. Unhas artistas falan do moito que lles preocupa a proliferación dos ‘todo a 100′. Nos Estados Unidos hai todo a 100 centavos, no Xapón todo a 100 iens… Non entenden as artistas cómo se poden vender cousas tan baratas. “Non nos estraña que a xente tamén se acomode ás respostas baratas”. Nós, como eramos nazonalpopulares, chamabámoslles todoavintes, e quedabamos fóra do estándar occidental. Aquí e agora os todoavintes esmorecen como fórmula económica, pero non parece que deixemos de conformarnos con respostas baratas.

Mañá irei á Coru, á bloquedada. Xa contarei.


Leave a Comment