hikikomori

Leo un estarrecedor post de Willy Sifones sobre unha enfermidade de adolescentes xaponeses e quedo abaneando. Dáme vergoña compartir píxeles con el. Di willy que o hikikomori, que, literalmente significa “os que quedan dentro, sós” (…) trae consigo que quen o padece non quere saír da habitación pra nada, non quere ter contacto con ninguén, e permanece meses ou anos pechado voluntariamente (…), coa luz apagada, coa tele posta sen son ou xogando compulsivamente a algún videoxogo… Véxome blindando as portas da habitación.

Hoxe especialmente. Acaba de marchar 12Uvas e asolagóuseme o peito. Teño unha anguria encanastrada, como un pangoliño no esternón, e non sei ben por que. Que doado sería caer namorado, ou desexar patearlle a cabeza. Pero os fronteirizos fan que derruben todas as murallas, como Minas Tirith baixo os bicos das catapultas. Virá o exército de ánimas en pena pra rescatarme? Ou hikikomorizarei, con este blo como único fío umbilical? Non podo contar nada máis, porque senón Pawley falaría da miña falta de pudor, ;). Calquera día aprofondarei neste conceuto dos fronteirizos.

Vemos A fraqueza do bolxevique, ceamos nun mexicano e bebo demasiado. Incluso leo Chomsky. Síntome contemporáneo, pero apesarado.


Leave a Comment