2150 probas

Alguén chamado Marcos Pérez envíame un correo. Ofréceme os exames de 2150 oposicións brasileiras: axente da policia rodoviaria federal (98 e 02), axente de telecomunicacións policial, escrebente técnico xudiciario de Tupã, Votuporanga e Fernandópolis, técnico da Receita Federal, axente nacional de petróleo, avogado pleno de Petrobrás ou cadete de aeronáutica, entroutros moitos.

A oferta é suculenta. Agora mesmo en Río están a 30º, ao sol, e con ameaza de treboada. Pero non lle podo facer semellante treiduría á empresa que está levantando a miña provincia. Ah… Río… pódese imaxinar algo mellor? Si: traballar na cadetería aeronáutica. Iso foi o que fixo Manuel Amador Cortizo, coruñés de Panamá, que nos conta a súa terríbel historia.


Leave a Comment