Sachadora mándame un correo a propósito do volta do rei, onde critica a visión megarreaccionaria de Tolkien e dos que fixeron o filme: os malos son pretos, mouros, cachimáns subidos a carrozas ou veñen do leste. Quizais DjSU teña algo que dicir a isto, ou Walter. Eu quixen ver unha relación gai non correspondida en Frodo e Sam (pertinaz na súa heterosexualidade formal) e outra, das-que-rebentan-todas-as-barreiras, entre Legolas e Gimli. Acepto que me chamedes enfermo, pero non son o único. Incluso hai un gai siberiano, de Irkutsk (18 anos), que fala algo de hebreu e que emprega o alcume de Legolas. Falade con el se queredes trocar clases de hebreu por galego, pero aviso: non ensina foto.


Leave a Comment