Quedamos con Fufli pra tomar un viño. Está precioso cunha chaqueta das rebaixas, no seu estilo. Non quere falar, pero ao final consigo que me conte do seu novo chorvi. Dime (por esta orde) o seu nome, de onde é, que ten vinte anos e que ten vinte vacas. Pensaba que era unha explotación mediana, pero non pasa de pequena. A Fufli sénteselle emocionado. Agora que só vexo del as cousas que máis ilusión me facían, cavilo vintemil veces en por que o deixamos. Tamén dedico parte do tempo a tentar lembrar as chungas.

Soño coa súa nai. Estamos paseando polo feirón de padrón, falando del. Ela parece preocupada, e eu tento animala, e dígolle que todo vai ben e que Fufli é moi feliz. Xa esperto, agardo que non marche nunca da miña vida.


Leave a Comment