chegar aló

acabei o último libro de kapusciñski que me prestara Peke: ‘os cínicos non valen pra este oficio’. Inclúe un extasiante zugamento de pirolas entre John Berger e o polaco. berger distingue entre os escritores campesiños (=residentes), coma el, e os mariñeiros (=viaxeiros), coma kapusciñski. kapu retrúcalle distinguindo interiores (que buscan en si a súa materia) de exteriores (que a buscan fóra). Poderíase trazar unha blogobara en galiza que separase interiores de exteriores? Todonada é exterior, mariñeira; contra é interior e campesiño. Manuelgago? Cabrafanada? Declaren as súas estirpes.

Anédota do libro: pregúntanlle a un neno dunha decadente cidade industrial do norte de inglaterra como se imaxina no 2015. Non creo que chegue aló, responde.


Leave a Comment