impotencia

ando moi atarefado. penso esporadicamente en kate, pero o traballo vence. vou tomar unha breve cervexa con jacarezinho e perreo durante longos minutos co barman, moreniño e xeitoso. O bar, xa o coñecedes, está preto da miña casa. Agora iniciarei ese ritual marabilloso de aprender horarios, tomar tóspiros inútiles, gastar horas e horas en procesión de anacos de empanada, olivas e manises. Oh, meudeus, pode haber mellor maxia?

Ao mesmo tempo, recibo o agardado correo de henri. Namorou dun rapaz de zaragoza ao que só coñece por internet. Dime que non conte. Serei respectuoso e calarei. Pero non podo evitar a frase máis nidia que vin nunca sobre o absurdo da vida: ¿por que vivindo no estranxeiro máis paradisíaco, rodeado de guapos e listos internacionais, teño que colgarme dun tío de zaragoza que ademais ten unha morea de problemas económicos e familiares que lle impiden vir verme?

anque non é verdade. a representación máis nidia do absurdo da vida vina o outro día na tele. Un matrimonio maduro fálalle á camara. Ela di que só le poesía medieval portuguesa. El di que prensa deportiva. Pero nunha cousa están de acordo, van mirar de amañar os seus problemas sexuais. Non dou lembrado a web, e pregúntome se nela aclararán quen causa maior impotencia: o marca ou don dinís?


Leave a Comment