raffarin

Falo con Eya. Atopa moi sosa unha relación que se basea en euronews. Anque poida concordar noutras cousas, aquí rebélome. Ningún postal de nadal me aledaría tanto recibir coma o de Luis Rivas, director de información da cadea; en agradecemento da publi que lles fago (só Todonada me leva algo de vantaxe co cástin do gran irmao vip: tonechos, romarís, yolanda castaño…)

Adoro euronews. Pasan por ela as estampas marabillosas do meu exilio. E nestes momentos pra min amor dise así: euronews.

Por iso a estas horas, só, presa do amargor da primavera, poño radio5. Os de R non me furan, e teño que conformarme cun debate sobre a resistencia de raffarin ou cun atentado en uzbequistán. En Taxquén morreron dezanove: na miña casa blogueo e sintonízome ao transistor, que a cama está moi fría.


Leave a Comment