sísifo

A torcida posiciónase: todos contra o paternalismo. Circe, Peke… e un fermosísimo correo de Berlín: Esquece as túas tribulacións morais e goza da situación, que o rapaz, se volveu, foi porque quixo e porque lle fixo ben e lle prestou.

Agora, cos datos recentes dos últimos días, vexo distinto a Shoto-kan. Son unha peza máis da súa engrenaxe, dun plan trazado máis ou menos instintivamente por el pra aprender moito, e pra aprendelo rápido. Ao final, regreso á frase de jacarezinho: ti estás aquí pra facela feliz. Neste caso, facelo. Na medida do que poida. Na medida do papel que me toque, que seguramente é pequeno.

Velaí a vida.

Ps: despois de escribir este post, leo o seu comment. Derrúbase o edificio e erguémolo de novo, como un sísifo dos pubs e das sabas húmidas.


Leave a Comment