larsson et alii

O fútbol é un deporte fermosísimo. Estou convencido de que a masa sempre ten razón, e tena seguramente cando loa o gasto pulmonar das bandas ou a elegancia do caneo perfecto.

Práceme extraordinariamente o fútbol e o último poema que escribín (hai xa moitos anos) titulábase Ronaldo. Xa falei nun comment da miña devoción polo preto sueco Larsson. Fillo de caboverdiano, Henrik Larsson xunta a brillantez no xogo cunha beleza endiañada e ese carácter multiculti do que noutros blogs próximos chaman soño: gustaríame que Larsson formase parte do patio de escola do meu futuro. Ademais, ten blo.

Hoxe engadiría, logo de ver o Portugal-Rusia, a Cristiano Ronaldo (agardo que os Renas me dean a razón) e ao ruso Ismailov.

Permanecerei atento ás pantallas.


Leave a Comment