new holland

Levo unha semana totalmente emocionado. Calquera cousa me excita e é capaz de arrincarme bágoas parvas, que me espremen os pómulos ata a dor. Así que non me estrañou o pracer intenso de ver as crechas cubertas de grelos, de bailar sementar sementarei, de estrear a miña primeira camiseta totalmente customizada: new holland make a new galiza.

Grazas TodoNada, Paleón, Caladinha: ademais de fermosos blos, creades maxia.

Peke, teño as súas chapas.

Tamén estaban Kate, e Shotokan, e Jacarezinho, e Fufli, e Gaiteiriño, e Smile, e (m)Alicia, e a senhora Dot, e tantos outros dos que falarán as crónicas… Se alguén quixese inventar unha xeración literaria a partir dos blogs, non dubido que este evento podería marcar o punto de ignición. Afortunadamente, vivimos nun país discreto.


Leave a Comment