proído

Arrastro dende hai días un intenso proído. Cando me ergo ás mañás a miña pel está cuberta de ronchas, todos os días en posicións distintas de cando me deitei. Próenme as pernas, os brazos, e non podo deixar de rañarme.

Autoconsúltome, e creo que ten que ver co estrés: o tren de oxford a londres terá que facerlle ben á miña pel. Pero non deixo de cavilar en Rapinaigrexas, que leva meses sufrindo do mesmo, e co que me deitei uns días antes de comezar a sentir o mesmo e rabudo proído. As somatizacións do estrés son contaxiosas?

12Uvas é tallante: non é sarna. Respiro, pois é dos poucos parásitos que me falta neste ano de hospitalidade.


Leave a Comment