biosbardos

Hai moito moito tempo Jean-Sol falaba de todas as cousas ás que chegou tarde. Eu cheguei con gran demora a Matrix. Tanta que aínda a vin hoxe, e escoito o bater do meu corpo contra a realidade virtual do fondo máis fondo do indirranquin.

Non sei como puiden vivir este tempo sen a historia de Matrix. Como dicía martín garzo que dicía benjamin (ambos no pedestal; peto dúas veces na mesa), no mundo contemporáneo recibimos grandes cantidades de información pero só unhas pouquiñas historias memorábeis.

Así que regreso con deberes para o futuro: achegarme ata un videoclube e pillar, por primeira vez na miña vida, un DVD: o das continuacións. Ás veces as cousas non suceden. Quizais porque non chegou aínda o momento axeitado. Por iso cando vén a vida non nos pode pillar nos biosbardos.

Londres, non te movas que aí vou.


Leave a Comment