desastre

Tiña tantirmo pra bloguear… Tanto me pasou nestes tres días…

Pero agora, ao regresar ao college con Henri, descubro que perdín un dos carretes. 36 diapositivas deixadas nalgures, quizais nun bus, quizais na noite de londres. Pásanseme as ganas de bloguear e fágoo por obriga.

Non hai nada que me desespere máis ca perder cousas. Os meus pesadelos de neno máis vívidos foron aqueles en que perdía xoguetes, balóns… Quizais por iso procuro non ter demasiadas propiedades. Magóame especialmente porque creo que entre estas 36 desaparecidas había algunha imaxe bonita, como o meu primeiro autorretrato verdadeiro. Só espero que alguén o atope, o revele e o distribúa como fixo o señor Zippie coas da súa familia americana. Talvez algún día gugleando imaxes coa palabra chave tatemodern estea o que eu vin.

Anque eu mesmo nin o lembre.


Leave a Comment