a miña vida

Estamos lendo, cada un na súa cama. Dime Henri: por que non ves facer o doutoramento a Oxford?

Levo máis de cinco anos afastado do estudo, e tómoo a coña. Comezo a imaxinar a situación, de chanza, pero Henri vai poñendo os dedos nas chagas que sangran: sabemos con quen deberiamos falar, teño meses de paro e tempo abondo para preparar un par de temas… De pronto o castelo imaxinario toma corpo: a posibilidade é real.

Que quero facer da miña vida? Estudar a configuracíón do canon no sistema literario galego? Escribir os textos da web do concello de viveiro? Por hixiene mental soterro o debate.

Á miña volta abrirei rolda de consultas cos amigos. Preparaivos.


Leave a Comment