pasado

Este sábado, despois do pouco que durmín, imos cansos a stratford-upon-avon. O tren é delicado e amábel. Arrástrase coma un caracol veloz polos campos cheos de ovellas, prados e casas de tixolos vermellos.

A tumba de Shakespeare está aquí, nunha igrexa: soterrado ao lado dos seus parentes, con lousas máis ricas e ostentosas cás del.

Chove a chuzos. Tomamos nun pub un pastel de carne, unha posta de año cocido de vagar á galesa, e un pudin de toffee con xeado de vainilla. Tamén as nosas pintas. A tarde pasa rapidamente. O tren regresa.


Leave a Comment