Unha filtración no perrío ponme sobre a pista: Legoforever traballa nunha gran superficie local. Alí me vou, a recuperar o seu teléfono. Dou unhas cantas voltas, e cos nervios esquezo coller o capacho pero merco catro sacos de comida para Uli. É entón cando o vexo: achégome, vou, non vou, arrubio… e ao final veña. Diálogo soso, distante, infructuoso. Tentei semellar encontradizo, pero non creo que coase.
Pero mañá volverei, decididamente. Teño que buscar un bote de marmelada de limón para Zopilote, pero antes pasarei polo seu andel e direille de ir ao cine. Anque perda as unllas no intento ou colleite o maior dos néghomes.
Mentres tanto, parece que Massachussets entra nas nosas vidas.


Leave a Comment