oficio

Fixen cálculos, suposicións e pescudas, e ao final din co choio: Legoforever cruza todos os días, entre as 22:00 e as 22:15, por unha rúa de humidtown. Alí o fun buscar, e estaba brillante, fermoso e incluso simpático. Mentín: díxenlle que ía ao cinema por ver se el se animaba, pero non. Ía fumar no sofá da súa casa. Non había espazo pra máis e lisquei en namorada.

Mañá irei a Jewishtown con Fufli e Boston, pero… e pasado? Descerei outra vez de 22:00 a 22:15 esa rúa toda enteira ao seu encontro? Teño medo de parecer psicópata, e reconvírtoo na teoría do oficio: este é o meu traballo, o meu humilde labor na programación do universo, percorrer a rúa como quen sega unha eira, como quen instala un circuíto eléctrico, como quen fai tortillas prós obreiros na cociña dun bar.


Leave a Comment