atacan polo norte, polo sur, polo leste e polo oeste

Unha das cousas que fago con Walter é ver Fahrenheit 9/11, testemuño imprescindíbel deste tempo. A diferenza de ‘Blowing for Columbine‘, onde había cousas que parecían dispostas nas lindeiras da demagoxia, este filme asúmese directamente como spot. Só lle falta o voten por kerry (ou nader) nos títulos de crédito. Pero por iso mesmo, por esa implicación ata o sámago, resulta tan terribelmente real e triste.

A última media hora é un docudrama de mai-que-perde-fillo. Ao imaxinarme muller de mediana idade de Oklahoma City e posíbel votante demócrata fáiseme o trago máis comprensíbel. Críticas sensatas: os doutores Pawley e Todonada.


Leave a Comment