pesedegá

As cousas fóranse enleando con Futuroscope a base de mensaxes de móbil (beep, en moldavo). Despois coincidimos nun acto institucional do seu concello con empanada, tortilla, emparedados de roquefort e gaiteiros. As mensaxes seguían e seguían, e ao final quedamos pra saír á noite. É incribelmente guapo, moreno, ollos azuis e orellas algo retortas e rebuldeiras. Viste coma un brazo de mar e sabe pórse estupendo cando cómpre.

Argumentos pró meu pánico: nunca ata o de agora tivo parella e emprega palabras fortes nos primeiros compases do partido.

Acalmo pensando na despedida: os últimos bicos lambíamolos mentres no pub ciscaban “no me importa nada”. Hai acaso algo máis pesedegá que Luz Casal?


Leave a Comment