memoria

Collo do andel un libro de Sciascia. Xuraría que o lin, pero cando empezo non lembro nada. Ademais, ‘O contexto’ é tan deslumbrante que me parece imposíbel lelo e non lembralo. E sen embargo, ça me dit quelque chose… que me desacouga.

Podería ler 10 veces o mesmo libro coa mesma sensación de virxindade cá primeira vez. E podería esquecer por completo 10 veces o mesmo libro marabilloso, e seguir vivindo sen el.


Leave a Comment