visita II: Iop

Nas súas vacacións de agosto chega o tornado Iop. Pasará só tres días, tan breves como intensos. Vemos a tele, fuma pachuzos, discute, cociña arroz con peixe, insulta a medio país, inza a sala de moreas e moreas de libros que non sei de onde saca e marcha rosmando a quedar con calquera nos bares da cidade. Ten o carácter máis incrible que coñecín nunca. Testana como un muro de porpiaño e torrona como un xabaril, adóroa.

Na súa cruzada antiFuturoscope vai sumando adeptos. E elabora unha simple teoría: “Futuroscope está mal da cabeza e debes fuxir del”. De momento discrepo, pero ela ten unha fodida tendencia a ancorar os seus prexuízos na razón máis verdadeira.


Leave a Comment