visita I: Apandadores

Cando Apandadora nos dixo que acababa de coñecer un cantautor madrileño e estaba namorada, botámonos a tremer: outra máis cegada polas auroras do estrelato.

Agora, moitos anos despois, Apandador e Apandadora son como da casa. Visitámolos moitas veces en Aluche e veñen tamén eles algunhas veces aquí. A pesar da súa bohemia, compartimos conversas de adultos (hipotecas, fillos, matrimonios…). El mira o mundo polo vidro anárquico, ela polo do realismo galego máis recalcitrante. Xuntos fan un prisma fermoso, divertido e moi tenro.

A súa visita é unha gozada. E acaba por todo o alto cun concerto del, en atenas, en medio da rúa do paseo.


Leave a Comment