A grande icona da banda deseñada mariquita volve sorprenderme. Foi madurecendo ao mesmo tempo que eu apousentaba a miña conciencia de clase: superada a crise da sida, as digresións culturetas, o momento crazyparty e ata as bromas de mal gusto, chegamos á mellor substancia. Neste ‘Podédesvos bicar’ a familia, o contorno social e a estabilidade entran a saco na vella parella de Paul e Konrad, e deciden casar. Hai algúns espiches homomilitantes, pero ben encaixados, e ata o final é lindo
Estou na estación de tren de ankara, agardando e lendo nel ás gargalladas. Tamén esperan canda min catro alemáns como armarios, preciosos, mochileiros, que cheiran como a bar leather. Son europa, como König ou Berlín, e penso moito nel cando leo a König.


Leave a Comment