banda deseñada

Vou a ankara ao salón trilingüe do atlántico. Non me gusta ese xeito de montar exposicións, falta espazo pra tanta xente, e acábome agobiando. Con todo, ano a ano, sabedor do ritual, acudo a gastar cen pavos en cómics e a descubrir apenas un trazo ou unha perspectiva que me engaiole.

Ao final, o debate sobre a banda deseñada impresiona os progres. Ou son friquifavorábeis (liña europea), ou son radicalmente refractarios, ou senten a necesidade de desculpar a súa apatía intelectual ao respecto (como a miña marcadora de tendencias favorita). Vese que o cómic non pode ou non quere ser un produto de consumo normal. Un botón: atopo un aparentemente prestixioso debuxante galaico no Salón de BD de Barcelona e dime con sarcasmo: “non pensaba que a un nacho coma ti lle gustase este tipo de arte”.


Leave a Comment