demasiado cedo

Cando xa estou a piques de mandar a Futuroscope a paseo, aparece. Leva un día gomitando do estrés, pero vén igual. Damos un paseo e cóntame o seu segundo gran problema, infinitamente maior que todos os meus problemas xuntos. A súa vida é, por orde, Gran-problema 1, Gran-problema 2, pequenos-problemas-laborais, pequenos-problemas-familiares, actividade política, eu.

E eu tamén represento un problema para el, moitas tarefas: quedar comigo, collerme da man en público, asumirse como maricón, ‘cumprir’ comigo (iso di), durmir fóra da casa, dedicarme tempo… Así que se me bloquea e acaba trousando. Compadézoo, facemos algo de sexo rápido e marcha, ata a semana que vén.

Ultimamente estou chegando demasiado cedo ás relacións. Dentro dun par de anos Futuroscope podería ser o mozo de Galiza. Pero non creo que eu aguante. E así as cousas, teño medo que el tampouco aguante.


Leave a Comment