dublín

Por indicación de Revelde vou ver a memoria dos peixes de cores. Ía ir con Futuroscope, pero tiña unha importante reunión política, así que arranquei só. De camiño coincidín con Rasca e Pica, que me sentaron entre os dous e me fritiron a cabeza con comentarios, mentres na pantalla pasaban unha serie de postais de dublín, unha cidade realmente espectacular. Non sei que pensa disto, Pepi, pero flipei coa refinería, os peiraos, as pontes, as bicis e ata os bares de lesbianas. Morro por vivir nun barco nun canal, anque me rebenten os ósos coa humidade. Esa é a europa grisalla e urbana que debo ver necesariamente antes de pasar de miñoca a bandullo de verme.

A peli, ben, mola. Gustaríame vela con Futuroscope, creo que lle faría ben. Planos peculiares, morriña, indecisión, penuria amorosa. Cousas xa vistas, quizais, pero parecía haber vida, mentres chovía sobre a cámara e unha parella falaba de casar e divorciarse á volta de aldea, conducindo cara a dublín.


Leave a Comment