retirada

Despois de cinco días de plantes, demoras e escusas, por fin aparece Futuroscope: xusto de tempo, apurado, imos ao cinema, tomamos algo, acompáñame á casa e decide marchar, sen sequera un bico longo ou un amago de nada.

Pillo tal rebote que lle mando unha mensaxe: ’se tes interese, xa pelexarás. pero a partir de agora ti só’.

Durmo, e á mañá recibo resposta del, aliviado. Por fin un problema que desaparece da súa vida.

1. Quixen buscar algo de orgullo e non me quedaba. Quizais todo sexa un erro.

2. Kate, necesito urxentemente un disco terapéutico de elis regina.

3. Non hai que ir ver Cámara escura. Nin sequera por unax ugalde.


Leave a Comment