águas de março

Torah primeiro e Dukakis despois marchan pra madrid, nun domingo chuviñento da fin do verán. Quédame por diante unha semana soíño, na casa, a mercé dos impactos da ausencia de Futuroscope e do paso do tempo.

Afortunadamente Uli segue aquí.

Leo ‘Á espera dos bárbaros’, de Coetzee. Cando Iop mo ve di: ese pesado?. Oh, si, certamente. Pero un pesado que traza páxinas lindas (poucas) ao comezo e final do libro. Un xuíz de fronteira ve, ao final da súa carreira, como o exército se dispón a loitar contra uns bárbaros indeterminados que ameazan o imperio: pasan neves, torturas, estragos de colleitas e ata unha historia de amor crepuscular e enfermo bastante estraña. Os bárbaros, por suposto, non aparecen, pero si o medo e a destrución. É como ler en libro os xornais de hoxe, que falan de Beslán.


Leave a Comment