na tarde dourada

Con anos e vidas de retraso, leo Alicia no País das Marabillas. A vida non vai ser a mesma a partir de agora. Extraordinaria, aterradora, moderna. A pesar de que xa coñecía algúns squechs, ler cos meus ollos a triste historia do Rei de Corazóns, as baladas da Falsa Tartaruga ou o medo do Vendedor de Chapeus, resultou o mellor do mellor.

Mágoa que fose sobre unha edición ilustrada: ver a Alicia con vestidiño e canesú non axudou na experiencia. Se non houbese santos no libro podería imaxinar a Alicia con pantalóns apertados, un pirsin no fuciño e un cinto de bershka, e daquela a experiencia sería perfecta.

Indasí, entendo a fermosa dor de lewis carroll, mentres navegaba polas canles de oxford, mirando pra alicia á altura das cenefas. Así imos todos esvarando, na tarde dourada, manseniño, comeza.


Leave a Comment