apagar

Diante da miña fiestra, xustamente diante, hai un farol de rúa. A luz debe estar para fundir, e acende e apágase soa exactamente cada 14′16″ (hoxe).

Dentro da habita a Cesare pásalle parecido. Atafegado laboralmente, destrozado pola mentira compulsiva de Futuroscope, aguilloado por Zopilote e Jacarezinho (de cada catro palabras unha é ‘eu’), sen foder, sen namorar, empantanado nos estudos, a luciña da ilusión comeza a esvaecer. De momento, escintila poucamente, esmorre e por veces asusta apagándose. E despois reinicia, aos trompallóns.

O comezo do outono sitúame, por primeira vez, próximo ao punto de desequilibrio.

Afortunadamente, berlín e shotokan parece que van despregando o tren de aterraxe.


Leave a Comment