pistón

Pregúntome que carallo fago da miña vida.

Estou sentado nunha xuntanza de empresarios de talleres mecánicos, no polígono de San Cibrao.

Resumo estes días mentres os demais falan da diferenza de prezo entre distintos pistóns, aparentemente iguais, dun mercedes: visitas a Peke, Henri e os koalas, soidade, agasallos, traballo a moreas, chamadas de Ferre, estrada, máis traballo, a compra dun deuvedé, momentos con Uli, máis traballo, Shotokan e a súa sarna, e o peor e máis noxento ferrete da miña vida: só de pensalo véñenme as vascas. Os estudos, detidos. Rui morreu, probabelmente.

Non sei qué farei na finde e marcho de vacacións en quince días. Tampouco sei para onde. No fondo sinto unha corrente morna de felicidade.


Leave a Comment