níscalos

Convídame Kate a cear. Hai uns meses isto deixaríame totalmente aqueloutrado, pero por sorte agora xa non. Prepara uns gorentosos níscalos, vemos algo de euronews, e cando xa imos polo segundo capítulo de Pratos combinados (unha das miñas series favoritas), miro pra ela. Está ao meu carón, no sofá, cun pantalón de pixama. Ten a cabeza deitada. Parece durmida. Bótome cara adiante, pra comprobalo, e vexo que non, que cunha raíña de ollo está pendente de miropereira e de balbina. Décatome de que é incribelmente fermosa, esperta e durmida.

Decátome tamén dos motivos polos que namorei dela, ademais dos níscalos e de que a súa casa arrecenda como a da miña avoa. Ao marchar dáme unha bolsiña de tomates da súa horta.

Ameina. Se cadra inda a amo.


Leave a Comment