Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive

bamba

Hai case un ano aterraba no aeroporto Léopold Sédar Senghor de Dakar e recibía a primeira labazada de humidade e calor do terceiro mundo. Tiña a mochila cargada de pílulas contra a malaria, prexuízos e libros de poesía senegalesa.

Non hai un día só en que non lembre algo do po, do olor, do medo e da felicidade daqueles dez días. Non hai un día só en que non desexe volver.

Por iso merco Egypt, o último álbum de youssou n’dour. A edición occidental saíu non hai moito, pero eu estaba en dakar cando apareceu a senegalesa, como sempre algo distinta. Egypt é un conxunto de cantos relixiosos, interpretados co acompañamento dunha orquestra clásica exipcia. N’Dour é un fervoroso seareiro de ahmadou bamba, o líder dunha seita musulmá que controla o 75% da produción de manises do país, que á súa vez vive practicamente da exportación de manises. Non é o álbum que máis me gusta del, aínda que sexa flipante. E faime soñar. E tamén me fai soñar o Boomrang de Daara J, un grupo de hiphop tamén de dakar. Soñar doutro xeito. Quizais soñar con taxis escangallados, e atascos, e bolsas de sirope de froita mercadas dende a xanela do coche en marcha aos ambulantes, que son todos.


Leave a Comment