ideólogo

Deunos tempo a todo: falar de rituais, da falta de profesionalidade dos cregos católicos, das tardes de oxford… Era a hora de despedir ao Babo, o avó de Henri. Eles xa o fixeran, espallando as súas cinzas á ría.

Só falei un par de veces co Babo, e por teléfono. Señor moi de dereitas, de casino vigués, cun bigotiño recurtado e engravatado. Henri falaba onte del ás cervexas, e lembraba anécdotas, cousas felices, un chaveiro de Dolalgial… Unha vez, por cousa de Henri, buscou por toda a Cidade un póster de Lenin pra regalarme. Chegara á casa ofendido: nas tendas de discos e merchandising máis cutres, ás que sen dúbida entrou con traxe e gravata, había pósters do esfiañado do Che, pero ningún de Lenin: Y Lenin era un ideólogo, por favor!.


Leave a Comment