intelectualidade

Nesta semana vexo unha peli boliviana dos anos sesenta, revolucionaria e algo pesada, que remata con planos de fusís ao aire. Acabo Mort, un dos divertidos bestsellers da serie Mundodisco. Leo tamén ‘Lolo anda en bicicleta’ e ‘Que contan as ovellas pra durmir?’. Vou a unha xornada de conferencias sobre intelixencia artificial, xestores de contidos e sociedade da información.

E aínda que non todo me prougo, boto a vista atrás e véxome feliz.


Leave a Comment