burro

Como preludio a unha debacle, fun con Pinganobeizo ver unha peli de burros, Ao azar, Baltasar, de Robert Bresson. O filme estaba inzado de imaxes fermosas coma o diaño, anque houbese unha extasiada calma, tan francesa, que enviciaba ás veces a historia. O burro Baltasar morre ao final: arrodéano as ovellas nunha camposa dos pirineos.

Ao meu carón estaba Pinganobeizo, moito máis guapo do que lembraba, acorado nunha bufanda. Á saída paseamos algo baixo a choiva canda un francés que fala o galego coma mil demos: así non houbo pasos falsos nin parvadas máximas. Non sei ben qué pensa Pinganobeizo pero non descarto a inxenuidade. En todo caso, eu non vibro, e non sei se por ser miñoca adulta ou porque non é o home. Ou porque si o é.


Leave a Comment