life

Pinganobeizo, malia a contundencia da semana pasada, ségueme mandando mensaxes. Tres ao día. Correos. Quedamos ou facemos por quedar. Sorrime e mírame con ollos de año degolado, que supoño que son os mesmos co que eu o miro a el. Todo parece imposíbel, e porén parece que se vai tecendo por baixo un río de algo, que pode chegar a ser indestrutible. Quizais por iso me propoña, en broma, adoptar unha chinesiña xuntos. Asolágaseme o teclado, claro.

Neo2, ao que non podo darlle ligazón porque así mo sinalou claramente, non me asasinou aínda despois do post onde se falaba del. Quedamos pra tomar un café e seguimos en contacto. Anque unha estratosfera de quilómetros vitais nos separan, é tan fermoso e tan intelixente que supón un grave perigo prás miñas defensas.

As cegoñas seguen estroupeleando nesta mañá de sábado. Énchome a nevaditos.


Leave a Comment