constantes

Durante este período de desconexión dedícome a labores de subsistencia: xantar [pouco], durmir. Tamén leo algo.

Dun plisplás doulle a volta ao interesante ‘O exiliado e a primavera’, de Manuel Veiga. Mólame, anque non é o meu mundo. O catalogador de novelas de temática homosexual, señor moi espilido en galiza, debería trazar un risquiño notábel, por delicadeza, por sensación.

Tamén vexo, con I-Topo e Sefarad, ‘Cancións pra despois dunha guerra’. A última vez que a vin foi en oxford, no ordena de Henri. Como aquela vez, o único que podo sentir é odio. Quedo tempo estarrecido, remoendo cuspes sobre tumbas e cousas semellantes. E encantado aguén por unha película que debería estar nalgunha das listas de pawley, se non o está.

Finalmente comezo, prestado polo compi de Macnolo, Marte vermello, de Kim Stanley Robinson. Quedo preso na súa atmosfera de lene gravidade.


Leave a Comment