soliptecnicismo

Na cafetaría cutre do meu hotel, sigo a xornada de traballo. Foi un curso aburridísimo sobre o funcionamento dun escuro xestor de contidos, e estou baldado, pero quédame facer cousas que quedaron no aire antes de marchar. O suplicio cursillístico inda continuará mañá. Tiña gana de ir ao cadelicio esta noite, pero ando na reserva, e tamén me apetecería coñecer algo xixón, que polo que vin na ida e volta ao curso parece ter bastante xeito.

O camareiro asubía ‘numa numa iei’ detrás miña. Son a persoa máis nova do local, como vinte anos. Fóra poalla. E aquí estou, entre o chan de seudomármore, os enfeites dourados da barra e un horizonte de maquetas de hórreos, facéndolle fronte á soidade co meu iBook G4 a través dunha conexión wifi á rede inarámica do hotel.


Leave a Comment