ronsel

Máis cousas marabillosas destes días:

- reconciliación con I Topo.

- agasallo de Martin: a pequena vendedora de mistos, ou como o sadismo pode converterse en conto pra rapaces.

- un pequeno acerto laboral, que ben ía cumprindo.

- uli

- o gran ditador. Non sei se é que nunca a vira, ou que a esquecera como todas; algo único: o mesmo tropezo pode supor gaseamento, bico ou gargallada.

- unha expo de arte galega entre 1916 e 1936, á que polo que se ve tamén foi paleón. Desordeada, pouco explicada, por veces excesiva, por veces escasa. Pero houbo tanta e tanta marabilla… Pra non esquecer, castelao e mais o guerreiro celta de narciso pérez

- a finde que se achega, en españa, con senalcume. As vacacións a finais de mes: quizais grecia, outra vez.


Leave a Comment