descanso

Regreso cando acaba de amencer. Hai unha mesta néboa todo ao longo da estrada e poucos coches, pero cando o perfil ascende libérome dela e vexo as pequenas valgas do río Ave ciscadas de algodón, nesa paisaxe acugulada que é o norte portugués. Atrás quedan atenas, meus pais, ferre, sherlock holmes, Cidade Marabilla, a rúa miguel bombarda, un restaurante xaponés, a señora Dot e familia, Boss, o serralves, joão penalva e o seu vídeo stay stand, quilómetros e quilómetros, algo de choiva, bastantes euros, o aria, o boys’r'us (por fin), o moinho de vento, un peruaniño algo parvo e preto que vive en madrid e que foi capaz en vinte minutos de confundir galiza cos países vascos, a señora Dot comigo e a hora de marchar coa de chegar, e que era, en palabras da ever-so-graceful Dot, ‘alguén delicioso’. Mesmo tamén uns coraxosos militantes do bloco de esquerda que repartían fóra dos locais flaiers sobre política antihomofobia logo de bailar con nós dentro.

Vou ter que parar nunha área de descanso da AP9. As retinas non me poden máis.


Leave a Comment