reixa
Vou (só) ver a obra dunha compañía euskosuíza sobre textos de antón reixa. O espectáculo, que é bastante irregular, mantense vivo grazas á xenialidade do noso calvo da lotaría.
Boto a cabeza cara atrás: os resentidos, follar-follar-o que se di follar, o chinchimonis, vostede decide, abdul solveira, historia do rock&roll… Eu aprendín a irme de wai lendo antonreixa na biblioteca do insti, así que tentarei non buscar nostalxias no dicionario, pero vai sendo hora de que alguén vaia onda el, o colla pola orella e o meta a rompernos de norte a sur, galiza, esas cousas, a codificarnos e decodificarnos, a dicirnos cómo debería ser a vangarda daqueloutro país.
Reixa, volve. we need you.


Leave a Comment