memoria
Non sei se foi polo ronsel de semellanzas que lle vin coa miña vida, ou se me cumpría descargar a tensión de todos estes días, pero botei case 50 minutos a chorar a fío co filme ‘Pra que non me esquezas’.
Unha dobraxe excepcional, unha wapísima actriz cada vez máis parecida a aínda máis fermosa Duquesa, moitas cousas incontadas, e unha historia que voa e se soterra unha e outra vez na memoria e na desaparición.
Así que volto prá casa con (m)alicia, remoendo nos pousos: se os peixes posúen tres segundos de memoria, canto reteñen as miñocas? Por que meu irmán me reconstrúe sistematicamente unha lembranza común que non comparto? Cantos días estivo meu avó comendo ratas durante a guerra? A que sabían? Quen garda recordo de todo iso?
Tranquilízame saber que todos os esforzos, todos, for como for, serán inútiles.


Leave a Comment